Palometa panadeira
Información nutricional:
Kcal: 345,3
Proteínas: 39,1%
Hidratos de carbono: 29,9%
Lípidos: 30,9%
Ingredientes
- 150 g palometa
- 1 (100g) pataca
- 50 mL viño branco
- 30 g cebola
- 10 g pemento verde
- 10 g pemento vermello
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar o peixe, filetealo ou cortalo en tranchas segundo o tamaño. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño, e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe con sal, enriba das patacas, rociar co aceite de oliva e deixar 10 minutos máis. Retirar do forno. Decorar con perexil.
Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.