As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Palometa con tomate

Palometa con tomate

Información nutricional:

Kcal: 454,6
Proteínas: 42,7%
Hidratos de carbono: 20,2%
Lípidos: 37,0%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 100 g salsa tomate
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 50 g pataca
  • 50 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar o peixe e cortar en tranchas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha praca de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, poñerlle a salsa de tomate enriba e meter ao forno 10 minutos máis engadindo caldo de peixe coloreado sobre as patacas. Retirar do forno. Decorar con perxjil.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.