Palometa ao forno con verduras
Información nutricional:
Kcal: 539,8
Proteínas: 36,5%
Hidratos de carbono: 27,8%
Lípidos: 35,7%
Ingredientes
- 150 g palometa
- 1 (100g) pataca
- 40 g cebola
- 25 g pemento vermello
- 25 g pemento verde
- 25 g cenoria
- 50 g salsa tomate
- 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
- 10 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cortar as patacas peladas en rebandas finas e dar un toque de fritura. Colocar nunha bandexa de forno. Limpar a palometa, cortar en anacos de 75gr. aprox., salgar, pasar por fariña e fritir lixeiramente. Colocar sobre as patacas. Facer a salsa refogando os pementos, a cenoria e a cebola; engadir a salsa de tomate e o caldo de peixe deixando cocer 10 minutos. Verter sobre o peixe e patacas cocinando ao forno 15 min. aprox. ata que a pataca estea branda. Decorar con perexil.
Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.