As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Palometa ao forno

Palometa ao forno

Información nutricional:

Kcal: 439,7
Proteínas: 45,0%
Hidratos de carbono: 13,5%
Lípidos: 41,6%

Ingredientes

  • 150 g palometa
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 50 g pataca
  • 50 mL viño branco
  • 30 g cebola
  • 10 g pemento verde
  • 10 g pemento vermello
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • colorante alimentario
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Limpar o peixe e cortar en rodas. Cortar a pataca en rebandas finas e dar un toque de fritura sen que doure moito. Poñer as patacas nunha placa de forno e enriba as verduras picadas e o viño e introducir no forno 15 minutos a 175ºC. Colocar o peixe, con sal, enriba das patacas, regar co aceite de oliva, deixando 10 minutos máis e engadindo caldo de peixe coloreado. Retirar do forno. Decorar con perexil.

Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes. Este prato tamén presenta pataca, cuxo principal compoñente despois da auga é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite, ademais é aconsellable o seu consumo debido a súa acción diurética e depuradora.