Palometa á bilbaína
Información nutricional:
Kcal: 421,6
Proteínas: 30,3%
Hidratos de carbono: 21,8%
Lípidos: 47,9%
Ingredientes
- 150 g palometa limpa
- 100 g puré pataca
- 2 dentes (10g) allo
- 2 culleradas (20mL) aceite oliva
- 1 cullerada (3mL) vinagre
- perexil
- caiena
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Limpar, quitar a pel e cortar a palometa en tranchas e marcala na prancha volta e volta. Separadamente, nunha tixola dourar o allo fileteado coa caiena. Cando estea dourado retirar do lume e engadir o vinagre. Verter sobre o peixe, cubrir de perexil e meter ao forno 10-15 min. a 180ºC. Acompañar de puré de pataca.
Vantaxes:
A palometa é un peixe semigraxo. Destaca polo seu contido en proteínas, superior ó da grande parte dos peixes, sendo estas de gran valor biolóxico. A palometa tamén aporta diferentes vitaminas e minerais, sendo a vitamina B12 a máis abundante, ata superando os niveis que conteñen ovos e algunhas carnes.
Por outra parte, o allo presenta numerosas propiedades medicinais. Desde unha acción depurativa e tonificante do organismo a propiedades vitalizadoras. Tamén se lle atribúen propiedades antirreumáticas e antigotosas; ademais son expectorantes e anticatarrais.
Inconvenientes:
Inconvenientes do allo: mal sabor de boca que deixa o seu consumo, aínda que se pode contrarrestar mascando unha rama de apio ou perexil fresco, ou preparando unha enxaugadura bucal con auga morna e zume de limón.