Paella vexetal
Información nutricional:
Kcal: 185,9
Proteínas: 9,2%
Hidratos de carbono: 64,5%
Lípidos: 26,5%
Ingredientes
- 60 g arroz
- 50 g cabaciño
- 40 g cenoria
- 25 g pemento vermello
- 20 g champiñóns laminados
- 15 g millo
- 15 g chícharos
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cortar as hortalizas en dados (pemento, cenoria e cabaciño) e refogar en aceite con allo picado. Engadir o arroz e refogar un minuto. Mollar con auga quente en dobre volume que de arroz. Poñer os chícharos crus, os champiñóns laminados e o millo. Dar o toque de sal. Meter ó forno 18 minutos a 180ºC.
Vantaxes:
O arroz é rico en amidón, contén vitaminas do grupo B, fósforo e potasio. É un alimento positivo para a prevención e a mellora dalgunhas patoloxías como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. A excelente dixestibilidade do arroz, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.