Paella
Información nutricional:
Kcal: 322,7
Proteínas: 29,5%
Hidratos de carbono: 30,5%
Lípidos: 40%
Ingredientes
- 60 g arroz
- 50 g pemento verde
- 20 g peituga polo
- 20 g gambas
- 20 g cebola
- 40 g salsa tomate
- 100 mL caldo polo
- 1 dente (4g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Nunha paella refogamos o polo cortado en dados e reservamos. Nesa mesma paella refogamos as verduras e rustrimos o arroz, engadimos o tomate en salsa e o polo dourado. Mollamos co caldo (dobre de caldo que de arroz), cando levante o fervor damos o punto de sal e introducimos ao forno 15 min a 180ºC.
Vantaxes:
O compoñente maioritario do arroz é o amidón (70-80%). O contido de proteínas do arroz rolda o 7%, e contén naturalmente apreciables cantidades de tiamina ou vitamina B1, riboflavina ou vitamina B2 e niacina ou vitamina B3, así como fósforo e potasio. Pero no proceso de refinamento e pulido, pérdese ata o 50% do seu contido en minerais e o 85 % das vitaminas do grupo B, quedando xa que logo convertido nun alimento sobre todo enerxético. O arroz é un alimento positivo para a prevención e mellora dalgunhas patoloxías, como a hipertensión e a hipercolesterolemia, debido ó seu baixo contido en sodio. Ademais, a súa excelente dixestibilidade, ligada a unha acción astrinxente (debida á carencia de fibra), fan do arroz un alimento indicado para recuperar a mucosa intestinal tras unha gastroenterite.