As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ostras fritas

Ostras fritas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 10 g Fariña de millo
  • 15 g Limón
  • 38 g Ostra

Instruccións

Rebozar con fariña a vianda das ostras e fritilas en abundante aceite ben quente. Presentalas, ao gusto, cunhas gotiñas de zume de limón.

Crese que este prato é de orixe medieval. Xurdiu como método de conservación para transportar as ostras desde as costas galegas ata as casas señoriais repartidas por España. Presentan un alto valor nutritivo. As ostras conteñen un elevado nivel de colesterol polo que persoas con problemas de hipercolesterolemia deben moderar o seu consumo. A ostra é rica en proteínas. Tamén son moi ricas en vitamina D, vitamina B12, ferro, iodo, selenio e cabe destacar a cantidade de cinc que é antioxidante e, ademais, é importante para a formación dos ósos e forma parte da insulina.