As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Ossobuco en salsa con arroz

Ossobuco en salsa con arroz

Información nutricional:

Kcal: 586,2
Proteínas: 23,3%
Hidratos de carbono: 23,1%
Lípidos: 53,6%

Ingredientes

  • 150 g ossobuco tenreira
  • 1 vaso (250 mL) caldo carne
  • 60 mL viño tinto
  • 50 g arroz
  • 40 g salsa tomate
  • 30 g cenoria
  • 25 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 1 dente (5g) allo
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • loureiro
  • pementa
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Salpementar a carne e pasar por fariña. Dourala nunha tixola. Nunha pota, refogar as verduras e engadir a carne dourada. Agregar viño tinto deixando reducir uns instantes, engadir a salsa de tomate e cubrir co caldo. Deixar cocer 1h e media aproximadamente. Sacar a carne e reservar. Triturar a salsa, e espesar se fose necesario. Acompañar de arroz branco.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.