As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Mousse de limón

Mousse de limón

Información nutricional:

Kcal: 294,4
Proteínas: 13%
Hidratos de carbono: 53%
Lípidos: 34%

Ingredientes

  • 1 (125g) iogur de limón
  • 30 mL nata
  • 8 g azucre
  • 3 g xelatina
  • 30 g clara de ovo pasteurizada

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Bater a nata e engadirlle o iogur. A parte, quentar ao baño María a clara de ovo coa xelatina en po ata que comece a botar vapor de auga. Engadir o azucre e bater fora da calor ata que esponxe. Mesturar a nata, iogur e enmoldar. Cubrir a mousse cunha capa de marmelada de fresa. Suxerencia de presentación cunha frecha de chocolate branco.

Vantaxes:
Esta sobremesa contén iogur. A inxestión de iogur presenta numerosas vantaxes, por isto debe ser incluído na nosa dieta diaria. Os principais beneficios derivados do consumo do iogur son que prevén trastornos intestinais, principalmente diarreas, e prevén a entrada de microorganismos patóxenos no intestino. Estes beneficios son debidos á presenza de certos microorganismos que favorecen o crecemento de flora beneficiosa e así diminúen o crecemento de flora microbiana alterante. Presenta, tamén, un efecto inmunomodulador, é dicir, favorece a estimulación do sistema inmune. Ademais, é un produto facilmente dixerible, polo que está indicado en dietas convalecentes. Debido á súa riqueza en ácido láctico, favorece a secreción de encimas e mollos gastrointestinais, o que favorece a dixestión.