As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Minestra

Minestra

Información nutricional:

Kcal: 122,2
Proteínas: 16,0%
Hidratos de carbono: 46,2%
Lípidos: 37,8%

Ingredientes

  • 80 g cenorias
  • 60 g alcachofas
  • 60 g tomate
  • 30 g chícharos
  • 20 g feixóns verdes
  • 1 dente (3g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar as verduras de forma irregular, cocer segundo orde de dureza: cenoria, feixóns e chícharos. Escorrer. Refogar o allo en aceite, refogar as alcachofas engadir o resto dos ingredientes e acabar de refogar. Suxerencia: acompañar de pataca cocida.

Vantaxes:
Grazas á combinación de numerosas verduras este prato aporta substancias cunha elevada acción antioxidante, vitaminas do grupo B, A, E, C, e minerais como potasio, fósforo, calcio ou magnesio.