As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Mexillóns guisados

Mexillóns guisados

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Cebola
  • 62.5 g Mexillón
  • 5 g Perexil
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Pemento picante
  • 25 g Viño branco

Instruccións

Sofritimos na base dunha cazola cebola, despois introducimos os mexillóns cociñados ao vapor previamente. Por último, engadimos á mestura o perexil, o allo enteiro, o sal, o pemento doce e picante, un chorriño de viño e auga. Deixamos pasar uns minutos e retiramos do lume cando se alcance o punto óptimo da mestura.

É un prato lixeiro pero completo, polo tanto, é adecuado para incluír en dietas de adelgazamento. Os mexillóns apenas proporcionan calorías á nosa dieta, non obstante achégannos unha boa cantidade de minerais como o iodo que é indispensable para o bo funcionamento da glándula tiroide, axuda o crecemento, mellora a axilidade mental e queima o exceso de graxa. Tamén son fonte de ácidos graxos omega 3 polo que son apropiados para persoas hipertensas e con risco de padecer enfermidades cardiovasculares.