Mexillóns con fideos
Información nutricional:
Kcal: 256,7
Proteínas: 33,3%
Hidratos de carbono: 22,9%
Lípidos: 43,8%
Ingredientes
- 40 g mexillóns
- 40 g pasta fideua
- 100 mL caldo peixe
- 10 g cebola
- 10 g pemento vermello
- 10 g salsa tomate
- 1 dente (4g) allo
- colorante alimentario
- perexil picado
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Quentar o aceite nunha cacerola, engadir allo, cebola, pemento vermello e tomate. Engadir os mexillóns sen casca e o caldo de peixe co colorante. Verter os fideos e deixar cocer a pasta. Repousar uns minutos e servir cubrindo con perexil picado.
Vantaxes:
O mexillón aporta proteínas de boa calidade, contén pouca cantidade de lípidos, polo que o seu valor calórico non é moi elevado. Destaca o seu contido en iodo, ferro, calcio, sodio, fósforo e magnesio. Ademais é fonte de vitaminas do grupo B, especialmente ácido fólico, e vitamina E.
A este prato hai que engadirlle as principais características da pasta, que son o seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas.