As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Marron glacé

Marron glacé

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Azucre
  • 35 g Castaña
  • 5 g Licor doce
  • 2 g Manteiga
  • 3 g Nata

Instruccións

Co fin de retirar a casca das castañas cocémolas a lume forte 5 min. Despois, retiramos a casca e cocémolas outros 15 min. Unha vez cocidas, botámolas nunha cazola e esparexémolas con azucre, tamén lle engadimos a manteiga derretida anteriormente noutra cazola. Deixámolas a lume suave 5 min. Flamexamos ron nun cullerón e botámolo sobre as castañas. Unha vez fritas están listas para consumir. Presentámolas acompañadas de nata.

O marron glacé é un exquisito prato de sobremesa elaborado tras confeitar ou bañar as castañas. A súa orixe parece situarse en Grecia, onde se confeitaban diversas froitas en ánforas con mel. Aínda que se consome ao longo do ano, forma parte especial das sobremesas de Nadal. Tamén é habitual na gastronomía italiana e a francesa. A castaña é un dos alimentos máis antigos da humanidade. Formaba parte básica da alimentación e mesmo substituía o pan en épocas de fame. Posteriormente, ao se introducir o cultivo da pataca, a castaña quedou relegada a un segundo plano. Hoxe en día utilízase como gornición e como ingrediente de numerosas sobremesas. A castaña é rica en hidratos de carbono o que a fai ser moi enerxética. Polo seu alto contido en fibra e auga é recomendable para tratar o estrés, a depresión, a anemia, o desgaste físico, as varices e os problemas intestinais, así como cardiovasculares, dexenerativos e de memoria.