As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Macarróns á napolitana

Macarróns á napolitana

Información nutricional:

Kcal: 321,2
Proteínas: 20,4%
Hidratos de carbono: 26,4%
Lípidos: 53,2%

Ingredientes

  • 70 g pasta (macarróns)
  • 25 g salsa tomate
  • 25 mL caldo carne
  • 30 g xamón cocido
  • 10 g queixo relado
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer a pasta en auga abundante con sal o tempo que nos indique o fabricante. Refrescar e escorrer. Separadamente, no aceite quente, rustrir o allo e engadir a salsa de tomate e o mollo de carne así como os dados de xamón cocido. Mesturar a pasta coa salsa e dar o toque de sal e pementa quentando uns minutos. Cubrir con queixo relado.

Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Este prato tamén presenta tomate. O principal beneficio deste comestible radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes do envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais, contén potasio, magnesio, fibra, e vitaminas do grupo B e vitamina C.