Luras na súa tinta
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 5 g Allo
- 60 g Arroz
- 100 g Lura
- 25 g Cebola
- 2 g Loureiro
- 3 g Perexil
- 1 g Pementa branca
- 0.5 g Sal
- 0 g Tinta de lura
- 20 g Viño branco
Instruccións
Refóganse en aceite o allo e a cebola picada. Engadimos as luras xa toradas e a tinta. Agregamos o viño branco e deixamos que se faga, engadindo auga se fose necesario. Cando estean tenras, esparexer con perexil picado. Servimos acompañando con arroz en branco.
As luras presentan un contido proteico similar á carne de tenreira e un elevado valor biolóxico debido a súa doada dixestión. O seu baixo contido en graxas converte a lura nun alimento moi recomendable para ser incluído en dietas saudables e equilibradas. A tinta dos cefalópodos, ademais de servir como condimento en diferentes receitas, contén unha serie de aminoácidos e polisacáridos que en recentes investigacións se descubriu que son moi eficaces na prevención e na curación dalgunhas enfermidades como o tratamento da depresión e, ademais, é inhibidora da expansión bacteriana.