As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Lombo de tenreira

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 9 g Aceite de oliva
  • 2 g Allo
  • 50 g Chícharo
  • 10 g Limón
  • 160 g Lombo de tenreira
  • 5 g Manteiga
  • 100 g Pataca
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Sal
  • 20 g Viño branco

Instruccións

Refregar o lombo cun adobo previamente preparado con allo, pemento, sal, zume de limón e aceite. Asar o lombo así preparado tras engadir na fonte un pouco de manteiga, as patacas previamente douradas na tixola (sen que se cheguen a facer de todo) e un chorro xeneroso de viño branco (que se repetirá se se seca en exceso). O prato complétase tras incorporar, pouco antes de retirar do forno, os chícharos fervidos.

O lombo de tenreira contén unha alta cantidade de cinc que combate a fatiga e axuda no proceso de crecemento. Destaca o seu contido en vitamina B6, o que o fai moi recomendable en casos de diabete, depresión e asma. A vitamina B5 axuda a reducir o colesterol, ademais de ser adecuada para combater o estrés. A pataca posúe hidratos de carbono e vitamina C. Os chícharos, pola súa banda, posúen un elevado valor en proteínas, hidratos de carbono e graxas, polo que son moi enerxéticos. Son unha boa fonte de fibra, o que fai que produzan sensación de saciedade, e posúen ferro que prevén a anemia.