Lombo de pescada con verduras
Información nutricional:
Kcal: 287,8
Proteínas: 40,9%
Hidratos de carbono: 24,9%
Lípidos: 34,2%
Ingredientes
- 150 g lombo pescada
- 75 g brócoli
- 60 g cenoria
- 50 g pataca
- 30 g cebola
- 30 g porro
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Limpar os lombos de pescada, sazonar e cociñar á prancha volta e volta. Pelar e picar as verduras. Nunha cazola con aceite de oliva, pochar o porro, a cenoria e a cebola. Mentres cocer o brócoli. Engadir o refogado de verduras por enriba do brócoli escorrido. Servir a pescada á prancha coas verduras e unha pataca cocida.
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). Pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.