Lombo de pescada ao forno con grelos
Información nutricional:
Kcal: 392
Proteínas: 42,7%
Hidratos de carbono: 29,8%
Lípidos: 27,5%
Ingredientes
- 150 g pescada
- 1 (100g) pataca
- 75 mL caldo peixe
- 150 g grelos
- 15 g cebola
- 10 g pemento verde
- 10 g pemento vermello
- 10 g cabaciño
- 10 g pan relado
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- perexil picado
- sal ao gusto
- pementón doce
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Salgar e marcar a pescada na prancha e colocar nunha cazola. Limpar os grelos e cocer en auga abundante, escorrer e refrescar. Cocer as patacas ó vapor. Preparar a salsa refogando en aceite todas as verduras. A contiuación engadir o pementón, o caldo de peixe e o pan relado. Deixar cocer 10 minutos e triturar. Cubrir a pescada coa crema e poñer no forno 15 minutos a 180ºC. Acompañar das patacas e os grelos.
Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, baixo en graxas; rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B, máis baixo comparando con outros alimentos. En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio.
Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos), ás que se lle atribúen propiedades anticanceríxenas.