Lombo de corzo á prancha
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 10 g Aceite de oliva
- 140 g Corzo
- 120 g Pataca
Instruccións
Maceramos, unicamente en aceite, os medallóns de lombo non moi grosos. Unha hora e media despois botámolos na prancha quente. Recoméndase non salgar antes desta operación senón facelo ao darlle a volta aos medallóns.
O corzo cázase nas zonas montañosas, sobre todo na provincia de Ourense e Lugo, xa que no resto de Galicia a súa presenza diminúe. A época de caza vai desde outubro ata xaneiro. A carne de corzo é magra polo que a súa cantidade de calorías é baixa; non obstante, contén cantidades elevadas de colesterol. Contén ferro e fósforo e importantes cantidades de magnesio e potasio. É un alimento especialmente indicado para as persoas que padecen anemia.