As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Linguado fritido

Linguado fritido

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 20 g Aceite de oliva
  • 203 g Linguado
  • 95 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Rebozar o linguado en fariña e fritir nunha tixola aceite abundante. Servir acompañado o peixe cunhas patacas cocidas previamente.

O linguado común distribúese ao longo do Atlántico norte, e é bastante abundante no Mediterráneo. O linguado é moi axeitado para persoas que seguen unha dieta de adelgazamento xa que só contén 80 cal por cada 100 g. O linguado é un peixe con contido graxo moi baixo. É moi rico en magnesio, calcio e fósforo. Tamén o poden comer as persoas diabéticas e hipertensas. Como vantaxe adicional ten unha gran versatilidade en cociña. En canto ao seu contido en vitaminas, podemos destacar as vitaminas B1, B2, B3, B6 e B12 e ácido fólico.