As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Lentellas vexetais

Lentellas vexetais

Información nutricional:

Kcal: 226,6
Proteínas: 20,9%
Hidratos de carbono: 58,1%
Lípidos: 21,0%

Ingredientes

  • 45 g lentellas
  • 25 g porro
  • 25 g cebola
  • 25 g pataca
  • 25 g cenoria
  • 15 g cabaciño
  • 2 g allo
  • 1 cullerada (8mL) aceite oliva
  • comiños
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Introducir en auga fría as lentellas, a cebola, a cenoria e o porro, e cocer lentamente. Engadir á media hora de cocción o cabaciño en dados e a pataca, e continuar a lume lento ata que estea todo cocido. Dar o punto de sal e engadir un rustrido de allo en aceite con pementón e comiños.

Vantaxes:
As lentellas son fonte natural de proteínas. A riqueza proteica e de ácidos nucleicos favorece a loita fronte ó envellecemento celular. As lentellas posúen un alto contido en hidratos de carbono, pero as legumes teñen a capacidade de controlar a glucosa que se incorpora no sangue. Ademais, as lentellas conteñen unha alta porcentaxe de potasio, que favorece a eliminación de líquidos do organismo. Son ricas en vitaminas do grupo B, ácido fólico e ferro.

Inconvenientes:
O ferro de orixe vexetal é de máis difícil absorción que o ferro de orixe animal.