As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Lentellas guisadas con cenorias

Lentellas guisadas con cenorias

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 5 g Allo
  • 30 g Cebola
  • 20 g Chourizo
  • 70 g Lentella
  • 0.5 g Noz moscada
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca
  • 0.20000000298023224 g Sal
  • 40 g Cenoria

Instruccións

Cocemos as lentellas xunto con tacos pequenos de cenoria e o chourizo. Tras un anaco de cocción, engadimos o sal e as especias, e un refrito que fixeramos de cebola, allo e perexil. Deixamos cociñar ata chegar ao punto óptimo de cocción.

As lentellas son ricas en fibra que diminúe os niveis de colesterol e graxas e axudan a regular o tránsito intestinal. Tamén conteñen ferro e proteínas de orixe vexetal. Dentro do grupo dos legumes son das máis dixestivas. As cenorias son ricas en vitamina C e ferro. Axudan a diminuír o colesterol e previr a arteriosclerose, ademais o seu contido en betacaroteno axuda a previr certos tipos de cancro. Por outra parte, o chourizo é rico en sodio polo que está desaconsellado para persoas que sofren hipertensión. Ademais, o seu contido en calorías é alto polo que o seu consumo debería ser moderado.