As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Lacón con grelos

Lacón con grelos

Información nutricional:

Kcal: 715,1
Proteínas: 20,0%
Hidratos de carbono: 17,3%
Lípidos: 62,7%

Ingredientes

  • 130 g grelos
  • 125 g lacón
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g chourizo caseiro
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Cocer o lacón previamente desalgado en auga abundante. Nesa mesma auga, unha vez retirado o lacón, cocer as patacas, grelos e chourizo. Servir todo xunto.

Vantaxes:
O lacón constitúe unha boa fonte de proteínas de alto valor biolóxico. A súa composición nutricional é similar á da paleta, e como tal presenta máis graxa (ó redor do 20%) e menos proteína que o xamón curado. A carne de porco, en xeral, é unha fonte importante de vitaminas do grupo B, excepto de ácido fólico. Ademais, é a carne que menor cantidade de bases púricas contén, substancias que ó metabolizarse dan lugar ó ácido úrico, elemento restrinxido en persoas que padecen gota.
Os grelos presentan un alto contido en vitamina A, C e ácido fólico, ademais de diversos minerais como calcio, potasio, sodio e ferro. Nesta especie predominan unha serie de substancias relacionadas co seu amargor (glucosinolatos alifáticos) ás que se atribúen propiedades anticanceríxenas.