As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Lacón asado

Lacón asado

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 200 g Lacón
  • 3 g Ourego
  • 100 g Pataca
  • 5 g Pemento doce
  • 20 g Viño branco

Instruccións

Elabórase un adobo para cubrir o lacón composto de allos picados, ourego, sal, pemento doce e aceite. Co fin de que o lacón se impregne mellor deste adobo fánselle unhas perforacións ata o nivel do óso. Despois déixase repousar unhas horas e métese no forno prequentado, déixase asar durante unha hora. Cando pase media hora de asado engádeselle un vaso de viño branco.

É un prato venerado en toda Galicia pero o lacón de Lugo entra na categoría de excepcional. Esta pata dianteira do porco ten, na actualidade, indicación xeográfica protexida en Galicia pero xa na antigüidade se consideraba un manxar que se reservaba para ocasións especiais. O lacón asado, polo xeral, sérvese en rebandas e con patacas, e goza da apreciación popular.