As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Guiso de patacas con bacallau

Guiso de patacas con bacallau

Información nutricional:

Kcal: 394,3
Proteínas: 64,7%
Hidratos de carbono: 27,9%
Lípidos: 7,4%

Ingredientes

  • 120 g bacallau desalgado
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (200mL) caldo peixe
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • pementón doce
  • perexil

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Refogar en aceite o allo picado, a cebola e o pemento vermello en dados. Engadir a pementa doce e a pataca rota, e mollar co caldo de peixe. Engadir os chícharos e deixar cocer ata que a pataca estea case cocida. Engadir o bacallau desalgado e cortado en dados. Deixar cocer 5 min. máis e retirar. Cubrir con perexil.

Vantaxes:
O principal compoñente da pataca despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e vitamina C.
O bacallau é un peixe branco, polo tanto, posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e ademais posúe gran variedade de vitaminas e minerais. O bacallau salgado contén importantes cantidades de sodio, pero cando se pón a remollo, esta cantidade diminúe considerablemente, polo que, as persoas que padezan hipertensón ou con problemas de retención de líquidos poden consumilo perfectamente, sempre que o proceso de desalgado sexa adecuado.

Inconvenientes:
A pesar do contido en vitamina C da pataca, pérdese a maior parte desta vitamina co pelado, e o resto durante o proceso de cocción.