As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Guiso de melva con froitos do mar en salsa verde

Guiso de melva con froitos do mar en salsa verde

Información nutricional:

Kcal: 628,5
Proteínas: 42,9%
Hidratos de carbono: 15,9%
Lípidos: 41,2%

Ingredientes

  • 150 g melva
  • 1 (100g) pataca
  • 1 vaso (200mL) caldo peixe
  • 40 g berberecho
  • 25 g mexillóns
  • 25 g gambas
  • 20 g cebola
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • caiena

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar a melva en anacos sen espiña. Nunha pota refogar no aceite quente a cebola picada sen que tome cor, engadir a caiena. Agregar a pataca en anacos cortados e refogar uns minutos. Engadir o caldo suficiente de peixe para que cubra e deixar cocer as patacas 10 minutos a lume lento. Ó cabo deste tempo engadir a melva e os mariscos, deixando cocer uns minutos máis. Cubrir con perexil abundante.

Vantaxes:
A melva é un peixe azul. Como tal é un alimento cun elevado valor nutricional, debido ó seu contido en proteínas de alto valor biolóxico, aporte vitamínico e o seu contido en ácidos graxos insaturados omega-3, que preveñen das enfermidades cardiovasculares e cancro.