As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Guiso de coello con arroz

Guiso de coello con arroz

Información nutricional:

Kcal: 587,2
Proteínas: 36,9%
Hidratos de carbono: 18%
Lípidos: 45%

Ingredientes

  • 150 g coello
  • 1/2 vaso (150 mL) caldo carne
  • 50 mL viño branco
  • 50 g salsa tomate
  • 50 g arroz
  • 40 g cebola
  • 25 g pemento vermello
  • 25 g pemento verde
  • 25 g cenoria
  • 1 dente (5g) allo

Instruccións

Tempo preparación: De 40 a 50 minutos

Cortar o coello en anacos, salpementar e fritir para dourar. Reservar. Nunha cacerola con aceite refogar a cebola, os pementos e o allo. Engadirlle o coello e o viño branco deixando reducir o alcol uns instantes. Engadir a salsa de tomate e cubrir con caldo. Deixar cocer suavemente ata que estea tenro. Acompañar de arroz branco ao forno.

Vantaxes:
Pola súa composición está recomendado en caso de seguir dietas baixas en graxa e colesterol, en caso de trastornos cardiovasculares. Ó ser unha carne branca, o seu contido en ácido úrico é menor en comparación coas carnes vermellas, o que a converte nunha carne apta para persoas con hiperuricemia ou gota. É magra e branda, polo que resulta fácil de mastigar. Contén proteínas de boa calidade en cantidades similares ó resto de carnes. En canto ós minerais, destaca sobre o resto de carnes polo seu elevado contido en potasio, fósforo e calcio. Ademais, o aporte de sodio é moderado, polo tanto o seu consumo é adecuado en casos de hipertensión. A carne de coello presenta vitaminas do grupo B, especialmente B3 (niacina) e B12 (cobalamina).