As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Garavanzos refogados con verduras

Garavanzos refogados con verduras

Información nutricional:

Kcal: 383,9
Proteínas: 25%
Hidratos de carbono: 53%
Lípidos: 22,1%

Ingredientes

  • 75 g garavanzos
  • 40 g gambas
  • 25 g espinacas
  • 20 g cebola
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 20 g cenoria
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • perexil
  • comiño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Deixar a remollo os garavanzos 12h.en auga morna con sal. Cando case estean tenros, engadirlles as espinacas. Rematar de cocer lentamente e escorrer. Nunha tixola tipo "wok" refogar as verduras en xuliana e as gambas, engadirlle os garavanzos e condimentar.

Vantaxes:
O nutriente principal dos garavanzos son os hidratos de carbono, dos cales o amidón é o máis abundante. Presenta un bo aporte proteico, pero sen diferenzas respecto dos demais legumes secos; ademais, son proteínas incompletas por falta de metionina (un aminoácido esencial). O contido que presenta de lípidos é maior ca no resto de legumes, destacando a presenza de ácidos insaturados como son o ácido oleico e linoleico. Os garavanzos presentan un elevado contido de folatos e tiamina, e minerais como calcio, fósforo, ferro, potasio e magnesio; ademais aportan unha gran cantidade de fibra.