Filloa con recheo de crema
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 2 g Azucre
- 10 g Fariña
- 2 g Fariña de millo
- 10 g Ovo
- 15 g Leite
- 10 g Leite desnatado
- 0 g Rela de limón
- 5 g Xema de ovo
Instruccións
Mestúrase o ovo co azucre, engadindo a fariña, posteriormente, e procurando unha completa disolución desta. Vertemos o leite sobre o conxunto. Unha vez homoxeneizada a mestura, lévase á tixola, xa quente, cun chisco de aceite. Ao rematar, unha vez formada a filloa, énchese con crema.
A filloa con recheo de crema está, hoxe en día, dentro da categoría das sobremesas pero na antigüidade era un alimento principal para a familia. A filloa estaba feita con sangue do porco da matanza pero tamén había unha variedade que se facía con fariña de cereal, que podía ser de millo nas bisbarras nas que predominaba este cereal ou de trigo que era máis habitual nas bisbarras do interior de Galicia.