Filloa
Ingredientes
Racións: 1 persona
- 5 g Fariña
- 5 g Ovo
- 20 g Leite
- 1 g Sal
- 1 g Touciño
Instruccións
Mestúrase o ovo co azucre, engadindo a fariña, posteriormente, e procurando unha completa disolución desta. Vertemos o leite sobre o conxunto. Unha vez homoxeneizada a mestura lévase á tixola, xa quente, cun chisco de aceite.
Desde a prehistoria moi diversas culturas consumiron tortas de cereal moi parecidas ás filloas. Na antigüidade facíanse sobre superficies planas sobre o lume, que en moitos casos eran pedras planas. Hoxe en día, a filloa considérase unha sobremesa doce pero hai uns anos era un sustento principal nas casas galegas e era un prato salgado acompañado en moitos casos de carne sobrante ou de touciño.