As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Filetes de pescada en salsa de mexillóns

Filetes de pescada en salsa de mexillóns

Información nutricional:

Kcal: 382,6
Proteínas: 43,3%
Hidratos de carbono: 33,4%
Lípidos: 23,3%

Ingredientes

  • 150 g filete pescada
  • 1/2 vaso (125 mL) caldo peixe
  • 1 (100g) pataca
  • 50 g mexillóns
  • 25 g salsa tomate
  • 20 g pemento vermello
  • 20 g pemento verde
  • 20 g cebola
  • 1 dente (5g) allo
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar, escamar e quitar a pel aos filetes. Cortar en anacos de 75gr. As patacas pequenas cócense separadamente. A salsa prepárase refogando en aceite: allo, cebola moi picada, pemento vermello e verde picados. Engadir a fariña e a continuación o caldo de peixe. Deixar cocer uns minutos e engadir os mexillóns e o perexil picado. Poñer o peixe nunha placa de forno untada con aceite e cubrir coa salsa. Meter ao forno 10min a 180ºC. Servir acompañando de pataca cocida.

Vantaxes:
A pescada é un peixe branco, é dicir, baixo en graxas; é rica en proteínas de alto valor biolóxico e posúe diferentes vitaminas e minerais. Destaca o seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12), pero, a cantidade destas vitaminas presentes na pescada non é relevante se se compara coa que conteñen alimentos ricos nestes nutrientes (cereais integrais, legumes, verduras de folla verde, fígado e carnes en xeral). En relación ós minerais, a pescada posúe potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.