As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Filete de tenreira encebolado con pataca cocida

Filete de tenreira encebolado con pataca cocida

Información nutricional:

Kcal: 445
Proteínas: 27,7%
Hidratos de carbono: 22,3%
Lípidos: 50%

Ingredientes

  • 150 g tenreira tapa
  • 100 g pataca
  • 70 g cebola
  • perexil
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Picar a cebola en cuadrados e pochar nunha tixola con aceite. Unha vez pochada, retirar a cebola e o exceso de aceite e cociñar os filetes volta e volta. Mentres, cocer as patacas en auga con sal. Servir os filetes e as patacas cocidas co rustrido de cebola por enriba.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.