Filete de tenreira con pemento vermello
Información nutricional:
Kcal: 403,7
Proteínas: 33,4%
Hidratos de carbono: 17,1%
Lípidos: 49,6%
Ingredientes
- 150 g tenreira lombo
- 100 g pemento vermello
- 50 g brótelos soia
- 25 g arroz
- 1 cullerada (5mL) aceite oliva
- curry
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Salpementar o filete. Facer á prancha. Nunha tixola pochar o pemento vermello cortado en tiras, engadir brótelos de soia, salpementar e aderezar de curry. Acompañar de arroz en branco.
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía. A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.