Filete de tenreira ao curry
Información nutricional:
Kcal: 629,9
Proteínas: 32,0%
Hidratos de carbono: 16,8%
Lípidos: 51,2%
Ingredientes
- 150 g filete de tenreira
- 1/2 vaso (100mL) caldo carne
- 50 g mazá golden
- 50 g arroz
- 25 g cebola
- 6 g fariña
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- curry
- sal ao gusto
- pementa branca
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
En primeiro lugar preparar a salsa de curry; refogar no aceite a cebola cortada en tiras sen que tome cor, engadir a mazá pelada e sen corazón, cortada en dados. Cubrir coa fariña e revolver uns instantes. Engadir o caldo de carne e deixar cocer 5 min., triturar e pasar por coador chino, dar o toque de curry e sal. Cortar os filetes, salpementar e marcar á prancha. Acompañar de arroz branco ó forno e salsear co curry.
Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.