As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Filete de rapante á galega

Filete de rapante á galega

Información nutricional:

Kcal: 359,3
Proteínas: 30,4%
Hidratos de carbono: 28,5%
Lípidos: 41,0%

Ingredientes

  • 150 g filete rapante
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g chícharos
  • 10 g cebola
  • 2 dentes (10g) allo
  • 3 culleradas (15mL) aceite oliva
  • sal ao gusto
  • pementón doce

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cocer en auga con loureiro e cebola, as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o peixe e cocer 5 minutos máis dependendo do grosor. Por separado, preparar unha salsa co aceite, allo e pementón. Servir o rapante enriba das patacas acompañado por chícharos cocidos á parte e a salsa por riba.

Vantaxes:
O rapante é un peixe branco de moi baixo contido graxo. Aporta proteínas dun elevado valor biolóxico, pero o seu contido neste nutriente é inferior ó da maioría de peixes. En relación ás vitaminas, destaca a presenza da B6 e B9. En canto ós minerais cabe destacar o contido de fósforo, potasio, magnesio e iodo, aínda que as súas cantidades non son moi elevadas comparándoas coas presentes noutras especies.