As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Filete de rapante á galega

Filete de rapante á galega

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 10 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 150 g Rapante
  • 40 g Chícharo
  • 100 g Pataca
  • 2 g Pemento doce
  • 1 g Sal

Instruccións

Botamos nunha cazola as patacas cortadas en láminas grosas xunto coa cebola e co loureiro. Deixamos uns 8 min de cocción, e despois botamos o rapante deixándoo outros 5 min. Douramos nunha tixola con aceite o allo e o pemento. Para a presentación do prato poñemos as patacas cocidas, enriba destas o rapante cos chícharos cocidos e, por último, engadimos a allada.

O rapante é un peixe cun baixo contido graxo, de doada dixestión e contén poucas calorías. Destaca o seu contido en magnesio necesario para a transmisión do impulso nervioso, e para o mantemento do músculo cardíaco. Tamén posúe fósforo para o mantemento de ósos e dentes. Os chícharos que acompañan o rapante neste prato proporcionan moita fibra que reducen os niveis de colesterol e a aparición de enfermidades cardiovasculares. Constitúen unha boa contribución de proteína vexetal.