As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Filete de fletán con verduras

Filete de fletán con verduras

Información nutricional:

Kcal: 334,1
Proteínas: 46%
Hidratos de carbono: 29,9%
Lípidos: 24,1%

Ingredientes

  • 150 g filete fletán
  • 1 pequena (80g) pataca
  • 50 g pemento vermello
  • 50 g pemento verde
  • 50 mL viño branco
  • 40 g tomate
  • 30 g cebola
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 15 a 20 minutos

Limpar os filetes de fletán e sazonar. Cortar as patacas en láminas finas e dar un toque de fritura, colocalas nunha placa de forno e engadir as verduras cortadas en tiras e o tomate en dados. Mollar con viño, introducir no forno 10 min a 180ºC. Colocar os filetes de fletán e fornear 5min. aproximadamente.

Vantaxes:
O fletán ou halibut é un peixe branco e sen espiñas, adecuado para dietas baixas en calorías polo seu pobre contido en graxas. Este peixe presenta unha cantidade notable de proteínas de boa calidade e vitaminas do grupo B. O fletán contén tamén vitamina E, cunha importante acción antioxidante. A cantidade desta vitamina no halibut é superior á da maior parte dos peixes brancos. En canto aos minerais destacan o potasio, o magnesio, o fósforo e o iodo.