Fideuá de cogomelos
Información nutricional:
Kcal: 300
Proteínas: 19,4%
Hidratos de carbono: 33,6%
Lípidos: 47,0%
Ingredientes
- 80 g fideo groso
- 50 g setas
- 30 g cebola
- 150 mL auga
- 50 mL caldo carne
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Limpar os cogomelos e cortalos en anacos. Refogar a cebola e o allo picados, engadir os cogomelos e cubrir de líquido. Cando empece a ferver, incorporar os fideos, e cociñar segundo instrucións do fabricante.
Vantaxes:
As principais características da pasta son ó seu gran aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e ó seu baixo contido en graxas.
As setas conteñen un 90% de auga, hidratos de carbono e fibra, polo que se recomenda en dietas de adelgazamento. Son ricas en vitaminas do grupo B, potasio, fósforo, iodo, calcio, e outras substancias beneficiosas para o organismo.