Fideuá con verduras
Información nutricional:
Kcal: 399
Proteínas: 24,8%
Hidratos de carbono: 25,9%
Lípidos: 49,3%
Ingredientes
- 70 g fideo groso perla
- 175 mL caldo polo
- 20 g cenoria
- 35 g feixón verde
- 20 g salsa tomate
- 15 g pemento vermello
- 15 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- colorante alimentario
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Nunha cacerola quentar o aceite e engadir o allo e a cebola picados. Refogar e engadir a cenoria e o pemento. Ao cabo duns minutos engadir o tomate e o caldo coloreado e deixar ferver. Engadir os fideos e aos 5 minutos os feixóns coratados en dados xa cocidos.
Vantaxes:
As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.
Neste prato combínase o valor calórico e nutricional da pasta cos beneficios das verduras (cenoria, pemento, cebola e feixóns verdes). Destacan as propiedades antioxidantes, o aporte vitamínico, fundamentalmente, vitaminas do grupo B, A e C; e minerais como potasio, magnesio e fósforo.