As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Feixóns verdes con tomate

Feixóns verdes con tomate

Información nutricional:

Kcal: 359,1
Proteínas: 14,8%
Hidratos de carbono: 27,6%
Lípidos: 57,6%

Ingredientes

  • 150 g feixóns verdes
  • 150 g salsa tomate
  • 50 g ovo cocido
  • 1 dente (3g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Cortar os feixóns en bastóns. Cocelos en auga fervendo con sal. Cando estean tenros refrescar en auga fría e escorrer. Quentar aceite e engadir allo picado, deixar dourar e engadir os feixóns. Agregar a salsa de tomate e deixar cocer un instante. Acompañar de ovo cocido.

Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).
O principal beneficio do tomate radica no seu contido en licopeno (responsable da súa coloración, que vai de amarelo a vermello). O licopeno posúe excelentes propiedades antioxidantes que protexen as células da acción dos radicais libres (principais causantes no envellecemento celular, enfermidades cardiovasculares e cancro). Ademais contén potasio, magnesio e fibra; e vitaminas do grupo B e vitamina C.