Feixóns verdes con pataca cocida
Información nutricional:
Kcal: 243,0
Proteínas: 9,4%
Hidratos de carbono: 53,4%
Lípidos: 37,1%
Ingredientes
- 150 g feixóns verdes
- 1 (100g) pataca
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 30 a 40 minutos
Cocer durante 15 minutos nunha cazola con auga fervendo os feixóns verdes previamente pelados do fío lateral. Despois escorrer, reservar o caldo de cocción dos mesmos. Pelar as patacas e cortalas en rebandas non moi grosas que coceremos en auga fervendo con sal durante 15 minutos ou ata que as patacas estean cocinadas e escorrer. Nunha tixola cun pouco de aceite de oliva rustrir o allo picado e engadir os feixóns coas patacas e un pouco de caldo de cocción. Rociar cun pouco de aceite de oliva virxe, sal e pementas variadas.
Vantaxes:
Os feixóns caracterízanse polo seu baixo aporte calórico, fundamentalmente polo seu escaso contido en graxas e á súa riqueza en fibra; son pobres en sodio e conteñen vitaminas como a vitamina A e B6 (piridoxina).