As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Fanecas fritidas con cachelos

Fanecas fritidas con cachelos

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 15 g Aceite de oliva
  • 138 g Faneca
  • 15 g Fariña
  • 10 g Limón
  • 125 g Pataca
  • 1 g Sal

Instruccións

Rebózanse as fanecas, previamente preparadas, en fariña e frítense en aceite quente. Mentres tanto, prepáranse os cachelos cocendo as patacas con monda e partidas en dúas en abundante auga con sal. Cando estean a media cocción, escórreselles a auga e déixase o pucheiro preto do lume para que rematen de cocer e se sequen coa calor.

A faneca é un peixe branco moi consumido en Galicia que presenta gran cantidade de espiñas. O seu contido graxo é baixo aínda que vai incrementado pola súa fritura en aceite. A contribución de vitaminas é elevada, destacando a vitamina A e a B12. A vitamina A é fundamental para a visión mentres que a B12 prevén a anemia perniciosa. A faneca é un alimento de doada dixestión e con poucas calorías. As patacas cocidas (cachelos) posúen poucas calorías. Conteñen unha boa cantidade de vitamina C, fibra e potasio. Ademais, non conteñen glute polo que resultan axeitadas para persoas celíacas.