As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Fabas viúvas

Fabas viúvas

Ingredientes

Racións: 1 persona

  • 10 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 40 g Cebola
  • 90 g Faba fresca
  • 1 g Pemento doce
  • 40 g Pemento morrón
  • 1 g Sal
  • 40 g Tomate

Instruccións

Fritimos o allo e a cebola, lentamente, sen que se douren. Tras uns minutos, incorporamos os anacos de pemento morrón, o tomate e o pemento doce. Deixamos que se cociñe a lume lento e reservamos. Cocemos as fabas e antes de alcancen o punto óptimo, escorrémolas. Vertemos o guiso anterior e deixamos uns minutos ao lume.

Na Idade Media, os monxes do mosteiro de Samos en Lugo consumían un prato formado por fabas tenras cocidas en leite e aderezadas con mel, este prato considerábase unha sobremesa. As fabas viúvas reciben este nome porque non van acompañadas de carne nin peixe xa que ao ser fabas novas son máis saborosas e teñen máis valor nutritivo. Tamén producen unha maior sensación de fartura e por iso non van acompañadas.