As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Fabas á vinagreta

Fabas á vinagreta

Información nutricional:

Kcal: 269,90
Proteínas:13,47%
Hidratos de carbono:9,87%
Grasas:24,46%

Ingredientes

  • Cocidas (180 g) fabas
  • 20 g cebola
  • 50 g ovo cocido
  • 10 g pemento vermello
  • 10 g pemento verde
  • 20 g tomate
  • 20 g xamón cocido
  • 1 g sal
  • 2 g perexil
  • 10 g aceite oliva

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Facer unha vinagreta coa cebola, pementos, tomate, ovo cocido, perexil, todo picado finamente. Engadir o aceite, vinagre, sal e a guarnición de xamón cocido cortadp en dados. Lavar as fabas do bote escurridas e engadir á mezcla anterior

Vantaxes:
As fabas son alimentos ricos en fibra, folatos, potasio e ferro, pero os seus compoñentes principais son os hidratos de carbono. Aportan unha cantidade importante de proteína vexetal, de peor calidade cá de orixe animal, xa que non presentan todos os aminoácidos esenciais. Axudan a previr o estrinximento, diminuír o colesterol en sangue e manter os niveis de glucosa en sangue grazas ó seu elevado contido en fibra soluble.