As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Estufado de tenreira con cenoria

Estufado de tenreira con cenoria

Información nutricional:

Kcal: 454,1
Proteínas: 31,8%
Hidratos de carbono: 22,7%
Lípidos: 45,4%

Ingredientes

  • 125 g tenreira tapa
  • 100 g cenorias
  • 100 mL auga
  • 50 mL caldo carne
  • 50 g arroz
  • 50 g cebola
  • 5 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • perexil
  • pementa
  • tomiño
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 20 a 30 minutos

Nunha pota dourar a cebola picada en aceite. Engadir a tenreira cortada en anacos e douralos. Cubrir coa fariña, mollar co caldo de carne. Introducir as cenorias cortadas a dados grandes. Salpementar. Cocer a lume lento durante 1 hora. Acompañar de arroz fervido.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.