As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Estufado de tenreira á húngara

Estufado de tenreira á húngara

Información nutricional:

Kcal: 646,5
Proteínas: 22,8%
Hidratos de carbono: 28,8%
Lípidos: 48,3%

Ingredientes

  • 150 g tenreira guisar
  • 1 vaso (250 mL) caldo carne
  • 1 (100g) pataca
  • 60 mL vino titno
  • 50 g salsa tomate
  • 40 g cebola
  • 40 g cenoria
  • 25 g pemento vermello
  • 20 g chícharos
  • 20 g porro
  • 1 dente (5g) allo
  • 10 g fariña
  • 1 cullerada (5mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: Más de 1 hora minutos

Cortar a carne en anacos non moi grandes, salgar e dourar nunha tixola nun pouco de aceite moi quente e reservar. Pasar a unha pota. Dourar as verduras picadas en dados non moi pequenos, engadir pementón doce, fariña e viño deixando reducir. Engadir o tomate e a carne dourada. Cubrir co caldo de carne e deixar cocer 1h aprox. As patacas córtanse en dados e frítense lixeiramente para engadir ao final á carne así como os chícharos cocidos á parte.

Vantaxes:
A Tenreira Gallega é a primeira carne de vacún con control integral e certificado de garantía.
A carne procedente do vacún é un alimento completo e esencial para unha dieta san e equilibrada, e destaca polo seu elevado contido proteico. Estas proteínas son altamente dixeribles e de gran valor biolóxico. Ademais, é rica en vitaminas do grupo B e en minerais como fósforo, magnesio e ferro.