Espinacas refogadas con champiñóns
Información nutricional:
Kcal: 119,3
Proteínas: 30,2%
Hidratos de carbono: 24,8%
Lípidos: 45,0%
Ingredientes
- 150 g espinacas
- 50 g champiñóns
- 40 g cebola
- 1 dente (5g) allo
- 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
- pementa
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Cocer as espinacas. Refogar o allo e a cebola cortada en tiras, engadir os champiñóns laminados. Mesturar coas espinacas. Salpementar.
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.