Espinacas con queixo e noces
Información nutricional:
Kcal: 467,7
Proteínas: 27,2%
Hidratos de carbono: 13%
Lípidos: 59,8%
Ingredientes
- 150 g espinacas
- 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
- 50 g queixo fundir
- 10 g queixo relado
- 15 g noces peladas
- 6 g fariña
- 1 cullerada (6mL) aceite oliva
- noz moscada
- pementa branca
- sal ao gusto
Instruccións
Tempo preparación: De 20 a 30 minutos
Limpar e cocer as espinacas de forma tradicional. Escorrer e reservar. Preparar unha bechamel: quentar o aceite, engadir a fariña e remover, engadir o leite quente e deixar que ferva desfacendo posibles grumos. Engadir o queixo á bechamel para que se funda e a continuación as espinacas. Mesturar ben e agregar as noces. Servir cubrindo de queixo relado.
Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das hortalizas con maior nivel de proteínas e a proporción de fibra é considerable.
Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese máis facilmente ca o vexetal. Polo tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.