As nosas receitas

Un amplo receitario seleccionado coidadosamente baseándose en criterios de alimentación sa e equilibrada

Espinacas con pasas e piñóns

Espinacas con pasas e piñóns

Información nutricional:

Kcal: 314,6
Proteínas: 17,8%
Hidratos de carbono: 37,4%
Lípidos: 44,8%

Ingredientes

  • 150 g espincas
  • 1/2 vaso (100mL) leite desnatado
  • 25 g uvas pasas
  • 15 g piñóns
  • 6 g fariña
  • 1 cullerada (6mL) aceite oliva
  • noz moscada
  • pementa branca
  • sal ao gusto

Instruccións

Tempo preparación: De 30 a 40 minutos

Limpar e cocer as espinacas de forma tradicional. Escorrer e reservar. Preparar unha bechamel: quentar o aceite, engadir a fariña e remover, engadir o leite quente e deixar que ferva desfacendo posibles grumos. Engadir os piñóns lixeiramente torrados e as pasas e a continuación as espinacas. Mesturar ben e servir.

Vantaxes:
As espinacas son unha fonte importante de minerais como o magnesio, potasio, calcio, fósforo e sodio. Conteñen importantes cantidades de ácido fólico, e de betacarotenos, precursores da vitamina A, que actúan contra o envellecemento celular. Tamén son ricas en vitamina C e E, de acción antioxidante, e vitaminas do grupo B. Ademais, apenas conteñen graxas. Son unha das

Inconvenientes:
O ferro de orixe animal absórbese mais facilmente que o presente nos vexetais. Por tanto, para un bo aporte de ferro é necesario o consumo de alimentos de orixe animal.